venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía 2024

 Hoxe recordamos a Rosalía de Castro no seu aniversario de nacemento. Expoñemos un cartel-collage con diversas imaxes relacionadas coa autora, por exemplo, a casa onde naceu, bustos e graffitis en distintas cidades, un teatro que leva o seu nome, unha aeronave noruega cunha impresión da súa foto ou unha estrela do firmamento nomeada Rosalía. No outro expositor, algúns traballos de alumnos e alumnas de diferentes cursos que lle rinden homenaxe.



 


luns, 12 de febreiro de 2024

Gañadores Concurso de disfraces 2024

Este ano o nivel do concurso de disfraces foi moi alto. Pasámolo en grande coas actuacións e postas en escea de todo o alumnado participante.


Agradecemos tanta implicación pola vosa parte!!

Gañadores/as do concurso de disfraces 2024:

3° premio "As feras" alumnado de 2° de BAC
2° premio " Fariña" alumnado de 4° de ESO
1° premio " A gran voda" alumnado de 1° de BAC

Cando nos recuperemos da resaca de hoxe subiremos un vídeo resumo das actuacións!





 

venres, 9 de febreiro de 2024

Concurso de sobremesas de Entroido 2024

Concurso de sobremesas de Entroido
Deixámosvos por aquí unhas fotos das sobremesas de Entroido que o alumnado trouxo para participar no concurso.


Gañadores/as:

3° premio para Daniel Rodríguez de 1° de ESO
2° premio para Sara Lecumberri de 4° de ESO
1° premio para Adrián Fernández de 1° de FP Básica











luns, 5 de febreiro de 2024

Encontro con Andrea Maceiras

O pasado 5 de febreiro os alumnos e alumnas de 1º de ESO tiveron un encontro con Andrea Maceiras que veu falarlles da súa obra Conta nove estrelas. Obra pola que recibiu os seguintes premios:

Premio Lazarillo 2018

Premio Frei Martín Sarmiento 2020

O alumnado aproveitou para realizar unha morea de preguntas sobre a obra e tamén sobre o oficio de escritora.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos do encontro cunha das escritoras máis lidas da literatura galega actual.


















martes, 30 de xaneiro de 2024

Cartel Concurso de disfraces 2024

 Presentámosvos o cartel do Concurso de disfraces de Entroido deste ano 2024. Deixámosvos as bases do concurso para que lle botedes un ollo.




Cartel Concurso de sobremesas 2024

Presentámosvos o cartel do Concurso de sobremesas de Entroido para este curso 2023/2024.

Botádelle un ollo ás bases e poñédevos a cociñar!

Preparámoos para o encontro con Andrea Maceiras

 


 Alumnado de diferentes cursos de Lingua e literatura galega amosa os seus traballos sobre dous libros da autora Andrea Maceiras: Europa Express e Conta nove estrelas. Nuns días estará acompañándonos na nosa biblioteca.